miércoles, 25 de junio de 2014

Mañá remata o prazo de inscrición da primeira quenda do campus de verán de fútbol de Ordes

Inscricións na Cidade Deportiva en horario de 17:30 a 19:30 horas ou no teléfono 600493633

Maña xoves 26 remata o prazo de inscrición para aqueles nenos e nenas que queiran participar na primeira quenda do II Campus de Verán-Fútbol S.D. Club Órdenes

Éste primeiro grupo convócase do 1 ao 15 de xullo e desenvolverá a súa actividade nas instalacións da Cidade Deportiva de Vista Alegre. O seguinte grupo irá do 17 de xullo ao 1 de agosto e neste caso admitiranse inscricións ata o 10 de xullo. En ambos casos os participantes terán que ser nados entre os anos 1998 e 2000, ambos inclusive.


Reservas
Os interesados poderán reservar a súa praza acudindo ás instalación deportivas de luns a venres de 17.30 a 19.30 horas. Tamén se pode chamar ao 600 493 633. Os prezos son de 60 euros para cada quenda, reducíndose a 40 a partir do segundo irmán ou irmá. 

No caso de querer participar durante todo o mes haberá un prezo pechado de 100 euros, que se reducirá a 60 a partir do segundo irmán ou irmá.

*