Aprenderon o significado das sinais e a cruzar vias e facer uso dos pasos de peóns
Axentes da Policía Local de Ordes realizaron onte unha
visita á escola infantil municipal Sorrisos co fin de impartir unha sesión
didáctica de educación viaria.
Deste xeito os nenos do centro puideron
aprender de primeira man o significado dos sinais máis comúns, ver vídeos con
consellos e indicacións á hora de transitar pola beirarrúa ou circular pola
estrada con algún tipo de vehículo e, incluso, aprender a cruzar vías e facer
uso dos pasos de peóns.
Pero sen dúbida o co que máis desfrutaron foi coa
posibilidade de poder subir ao coche patrulla e poñer en funcionamento as sirenas
e dispositivos instalados no seu interior.
*