miércoles, 25 de junio de 2014

Máis de 40 atletas participan no VI Campus de Atletismo de Ordes


Terá lugar na Cidade Deportiva da Vista Alegre

Máis de 40 atletas de todas as idades participan ao longo desta semana no VI Campus de Atletismo que se desenvolve nas instalacións da Cidade Deportiva de Vista Alegre. Unha cita que está organizada polos Concellos de Ordes e Cerceda e que conta coa colaboración do Club Atletismo Ordes e do Club Atlética A Silva.

A programación desenvolverase de luns a xoves de 18.30 a 20.30 horas no caso dos menores e de 21.30 a 23:00 horas para os adultos. Onte, primeiro día de celebración e debido ás condicións meteorolóxicas adversas, as probas trasladáronse ao pavillón Campomaior. Alí se disputaron carreiras de velocidade con e sen obstáculos, ademais de xogos multiatléticos.


Cadro técnico
O cadro técnico para este ano está encabezado por Xosé Domínguez, adestrador nacional de atletismo e licenciado en Educación Física. Outros compoñentes serán: Xulio Santiago Freixanes, Ana Domínguez e Irene Mallo, todos eles monitores nacionais de atletismo.  

A entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves, á cal asistirá o alcalde de Ordes, Manuel Regos.

*