Churrascada no pavillón Castelao II a partir das 13:30 h. a un prezo de cinco euros para os pais e nais, e de 15 para os non socios
O equipo de fútbol sala
Jogafán Ordes celebrará o sábado 21 de xuño a súa festa de fin de tempada. Será
a partir das 13.30 horas no pavillón Castelao II, onde terá lugar unha
churrascada na que participarán xogadores, cadro técnico, directiva e moitos
dos seguidores do equipo.
O custo será de cinco euros para os pais e nais dos
xogadores e de 15 para os non socios, podendo acceder gratuítamente os
xogadores das escolas deportivas.
Posteriormente, ás 17.30
horas, disputarase a final provincial masculina entre o Riazor F.S. e o
Libertad F.S. Xa ás 19.30 horas o Jogafán e o Autos Leiros (Mos) xogarán a
final galega autonómica.
*