Inscricións ata o 26 de xuño
Os prezos oscilan entre os 31 e os 124 euros
Ata o vindeiro 26 de xuño permanecerá aberto
o prazo de inscrición para participar nas escolas de verán organizadas polo
Concello de Ordes. En total organizaranse catro quendas que se repartirán por
quincenas durante os meses de xullo e agosto, cun horario que irá dende as 09:00 ata as 14:00 horas.
Obradoiros, actividades ao aire libre, excursións, xogos en
equipo, deporte, reciclaxe, visitas guiadas etc, formarán parte do programa
previsto.
Inscricións
Poderán asistir aqueles
nenos e nenas escolarizados nalgún centro educativo de Ordes nos cursos de
educación infantil e primaria. Para anotarse basta con acudir ao departamento
de Educación situado no primeiro andar do Concello.
Deberán achegar a ficha de
inscrición cos datos solicitados, unha fotocopia do DNI do/a menor ou ben do
libro de familia e outra da tarxeta sanitaria. En caso de doenza tamén deberá
entregar un xustificante médico asinado. Os prezos oscilan entre os 31 e os 124
euros segundo o número de quendas ás que se asista. Ademais as familias numerosas
terán unha bonificación do 50%.
Para máis información
pode contactarse co teléfono 981 680 002.
*