Organizaranse catro quendas durante os meses de xullo e agosto en horario de 09:00 a 14:00 horas
Inscrición no departamento de Educación na Casa do Concello
O próximo mércores día 25 rematará o
prazo de inscrición para participar nas escolas de verán organizadas polo
Concello de Ordes. En total organizaranse catro quendas que se repartirán por
quincenas durante os meses de xullo e agosto, cun horario que irá dende as 09:00 ata as 14:00 horas.
Poderán asistir
aqueles nenos e nenas escolarizados nalgún centro educativo de Ordes nos cursos
de educación infantil e primaria.
Inscricións
Para anotarse basta con acudir ao
departamento de Educación situado no primeiro andar da Casa do Concello. Deberán
achegar a ficha de inscrición cos datos solicitados, unha fotocopia do DNI do/a
menor ou ben do Libro de Familia e outra da tarxeta sanitaria. En caso de
doenza tamén deberá entregar un xustificante médico sainado.
Os prezos oscilan
entre os 31 e os 124 euros segundo o número de quendas ás que se asista.
Ademais as familias numerosas terán unha bonificación do 50%.