O luns ás 21:30 h. terá lugar unha gran churrascada popular
O Mesón Do Vento ultima detalles para
celebrar esta fin de semana as súas festas de San Pedro de Ardemil. O programa
de actuacións arrancará o vindeiro sábado cunha misa a partir das 13.30
horas, que estará seguida da procesión do Santísimo Sacramento.
A orquestra
Abanico, que esta tempada ten como cantante principal a artista local Tania
Veiras, será a encargada de animar tanto a sesión vermú como a verbena
nocturna.
De cara ao domingo ás 13.30 horas novamente
celebrarase unha misa con procesión, esta vez coa imaxe da Virxe do Carme. Unha
xornada na que a nota musical virá da man do grupo Aramio.
Por último, o luns
contarase coas actuacións dos grupos Canadá e Los Satélites, ademais de ter
lugar unha gran churrascada popular a partir das 21.30 horas. Dadas as
inclemencias meteorolóxicas rexistradas nos últimos días a comisión de festas instalará unha gran
carpa na que poder resgardarse en caso de chuvia.
*