jueves, 19 de junio de 2014

Ordes beneficiase dun investimento de máis de 750.000 euros para o seu subministro eléctrico

O alcalde, Manuel Regos, e o delegado provincial de Unión Fenosa, José Antonio Fernández Amaro. 

O Concello estima os investimentos de Fenosa no período 2014-2015 en máis de 330.000 euros

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado do delegado de Unión Fenosa Distribución na provincia de A Coruña, José Antonio Fernández Amaro, supervisou o pasado martes os traballos realizados pola compañía enerxética en diversos puntos do municipio. 

Ambos dous mantiveron esta mañá un encontro co obxectivo de analizar e evaluar pormenorizadamente as melloras realizadas na rede de distribución eléctrica en Ordes.

Ao longo do período 2012-2013 a compañía invistiu máis de 427.000 euros en obras de adecuación e mellora das instalacións eléctricas de media tensión en varias parroquias do municipio. En concreto este tipo de liñas se puxeron en servicio en Piñeiro-Poulo, Casal, Hermida-Beán, Darefe, Vilariño, Vilasenín e Regueira-Beán

Apagóns
Entre elas cabe destacar as obras executadas en Fraga da Galiña, que contou cun investimento de máis de 111.000 euros. Importantes foron tamén as labores de mantemento de liñas incluíndo a instalación de novos postes e intervencións sobre o firme, co que se conta que se elimine a problemática dos molestos apagóns nestas áreas. En total estímase que máis de 2.000 usuarios se beneficiarán de todo este plan de mellora realizado ao longo dos últimos meses

O Concello tamén ten previsto que se leve a cabo outro investimento estipulado en máis de 330.000 euros durante o periodo 2014-2015. Igoalmente repercutirá na mellora da calidade do subministro eléctrico. Deste xeito a compañía acometerá melloras nas liñas de media tensión en Castro-Cedeira e Menlle-Leira, ademais de acometer a súa reordenación na rúa Paraíso.

*