Pedreira: "Estamos moi satisfeitos pola resposta da cidadanía, que dixo non a que os obriguen a desprazarse a máis de 40 quilómetros para calquera trámite xudicial"
O PSOE de Ordes ven de recollr algo máis de 1.700
sinaturas de veciños do municipio na defensa da permanencia do
partido xudicial de Ordes, cuxa continuidade se ve ameazada pola Lei de
Demarcación e de Planta Xudicial que tramita o Ministerio de Xustiza.
Os socialistas lembran que a desaparición dos xulgados de Ordes suporía unha importante molestia e un significativo gasto económico para os veciños, que terían que desprazárense ata A Coruña para calquera trámite xudicial, ao tempo que suporía unha importante perda para o sector comercial e hostaleiro de Ordes, sobre todo se temos en conta que cada ano se fan máis de 3.000 procesos en Ordes.
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes,
"Agradecemos en primeiro lugar a todos os veciños e veciñas de Ordes que asinaron esta
petición e tamén aos establecementos comerciais que colaboraron na recollida de
sinaturas durante este último mes”
"Estamos moi satisfeitos pola resposta
da cidadanía de Ordes, que dixeron non a que os obriguen a desprazarse a máis
de 40 quilómetros para calquera trámite xudicial"
"Esta iniciativa tamén serviu para informar a moitos veciños da
situación, pois son moitos os que descoñecen as consecuencias da decisión do
señor Gallardón”
*