Proximamente dará comezo o primeiro concurso de tapas da vila
Participarán: Doniña, Correos, Lugano, O Sótano, Jatopús, Orellas, Abacco, O Túnel, San Roque, O Rincón do Pincho, Cervexería PJ, Cervexería O 27, O Mercado, Pool Stars e Mesón Anxo
Un total de 15 establecementos hostaleiros da
vila de Ordes competirán entre sí por alzarse co título da mellor tapa no que
será o primeiro concurso deste tipo que se levará a cabo no Concello. Unha
iniciativa organizada pola asociación Xente de bo dente, en colaboración co
Concello de Ordes, Turismo Rural Antón Veiras e Bodegas Zuazo Gastón para os vindeiros 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de
xuño.
Nesta edición os participantes son os seguintes bares e restaurantes:
Doniña, Correos, Lugano, O Sótano, Jatopús, Orellas, Abacco, O Túnel, San
Roque, O Rincón do pincho, Cervexería PJ, Cervexería O 27, O Mercado, Pool
Stars, Mesón Anxo, quenes poderán participar cun máximo de tres tapas.
Cada local participante facilitará
aos seus clientes guías especialmente editada para a ocasión e cartillas nas
que poderán plasmar as súas votacións. Tamén disporán dunha urna para depositar
as ditas papeletas, que deberán estar seladas como mínimo pola metade dos bares
e restaurantes para ser tidas en conta. O horario do concurso irá dende as 19:00 ata as 23:00 horas, ampliándoo sábados e domingos tamén de 12:30 a 15:00 horas.
Premios
O sábado 28 de xuño daranse a coñecer os establecementos gañadores e farase a
entrega de premios na Casa da Cultura. No caso do primeiro premio, que será do
50% do total do recadado nas inscricións máis unha cea para dúas persoas nun
restaurante da vila, os concursantes deberán ter totalmente cuberta a súa
cartilla.
No caso de optar ao segundo premio, o 30% do recadado nas
inscricións, deberán ter o 75% das casas, mentres que para acadar o terceiro
premio deberán ter cuberto o 50% das súas casas, o que lles dará a posibilidade
de levar o 20% do recadado nas inscricións.
*