A cargo da AGAFI e a Clínica Médica Rúa do Muíño-Ordes
A Asociación Galega de Fibromialxia (AGAFI) e a Clínica Médica Rúa
do Muíño-Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, levaron a cabo onte unha charla
coloquio baixo o título ‘Hábitos saudables na fibromialxia, artrose,
osteoporose e depresión’ a cargo da presidenta de
AGAFI, María Dolores Bermúdez, e os médicos de familia Xosé Manuel Fernández e
Manuel do Muíño.
No encontro tratáronse diversos aspectos
relacionados con estas enfermidades, así como os tratamentos máis novedosos e
efectivos que na actualidade se están a levar a cabo.
*