O PP local denuncia que o edificio é "completamente inservible" no seu interior
O Partido Popular de Ordes denunciou onte que a pesar dos centos de miles de euros gastados nas
obras da vella Casa Consistorial de Ordes, os traballos limitáronse a converter
o edificio nun custoso decorado, aparentemente rematado por fóra pero
completamente inservible no seu interior, dado que a estructura aínda dista
moito de poder ser utilizada.
Sempre segundo os populares de Ordes, o Concello de Ordes apurou o remate das fachadas norte e sul do edificio para telas rematadas
durante as festas patronais de agosto e tratar de aparentar unha normalidade
que dista de ser real.
“Unha
vez máis, Regos volveu dar exemplo de cal é o seu valor na política local, ao
tratar de enganar a veciños e visitantes en relación co verdadeiro estado da
antiga Casa Consistorial, na que leva gastado inxentes cifras económicas, sen
que tal derroche vaia supoñer vantaxe algunha a curto e medio prazo para os
sufridos contribuíntes de Ordes, posto que non existe unha firme previsión do
remate final das obras”
“Nun
momento no que os veciños volven sufrir nos seus petos a brutal subida do IBI
imposta unilateralmente por Regos co apoio cómplice do PSOE, e que implicará un
ascenso medio en torno ao 53% en dez anos, sería desexable que o alcalde dea a
cara e lles explique aos veciños por qué derrochou semellante volume de cartos
nunha obra que, ata o de agora, só serviu para dar emprego aos operarios
portugueses que traballaron nela”
*