jueves, 5 de septiembre de 2013

A escola municipal de Ordes da comezo ao curso escolar cun amplo programa de actividades


A escola municipal infantil Sorrisos.
Este curso oficializaron a súa matrícula seis nenos e nenas de 0 a 1 ano, trinta de 1 a 2 anos de idade, máis outros 42 de 2 a 3 anos

A Escola Infantil Municipal Sorrisos ven de iniciar nestes días o novo curso escolar 2013-14 cun horario ininterrumpido que vai de 07:00 a 21:00 horas. As instalacións mentiveronse pechadas durante o mes de agosto, momento que o Concello de Ordes realizou unha serie de melloras.

En total, este curso oficializaron a súa matrícula seis nenos e nenas de 0 a 1 ano, trinta de 1 a 2 anos de idade, máis outros 42 de 2 a 3 anos. A escola conta cun equipo formado por unha directora, cinco educadoras e dous membros de persoal de apoio. Ademais contan co apoio dunha persoa no servizo de cociña e outras máis en labores de  limpeza. 

Os  programas educativos que se desenvolverán serán de aproximación ao inglés, de educación viaria, o de animación á lectura, ou a biblioteca con comodato de libros. Tamén se prestará unha especial atención a diversas campañas solidarias e á escola de nais e pais onde se poderán intercambiar experiencias e compartir información.

Semanas temáticas
O persoal organizou o calendario deste curso por semanas temáticas como a vendimia, as estacións do ano, os animais, a familia, os sentidos, os experimentos científicos, a infancia, a música, os xoguetes, os dereitos humanos, a reciclaxe, a astronomía, a paz, a educación ambiental, os transportes, a nutrición, o corpo humano, a nosa cidade, as profesións, a auga e as árbores, a primavera e a horta, os animais domésticos, a tradición de Pascua, os libros, a seguridade viaria, o circo, flora e fauna autóctona, os animais salvaxes, os ritmos do mundo, as letras galegas, os animais mariños, etc.

Actividades 
Durante o primeiro trimestre están programadas unha vendima, o día dos animais (4 outubro),  o magosto e o Samaín (31 de outubro), o día da infancia, o día dos dereitos humanos (10 decembro) e a festa de Nadal. 

No segundo trimestre, o Dia da Educación Ambiental (27 de xaneiro), o Día da Paz (30 de xaneiro), o Entroido (28 de febreiro), o Día do Pai (19 de marzo), o Día das Árbores (21 de marzo) e o Día da Auga ( 24 de marzo). 

Xa nos últimos tres meses celebrarase  o Día da Terra (22 de abril), o Día do Libro (23 de abril), o Día da Seguridade Viaria (28 de abril), o  Día da Nai ( primeiro domingo de maio), o Día dos Maios e as Letras Galegas.(16 de maio), o Día do Medio Ambiente (5 de xuño), o  Día do Sol (23 de xuño) e a gran festa de final de curso.

*