jueves, 26 de septiembre de 2013

Aberta ao tráfico a ponte de Meitufe, en Leira



O Concello de Ordes levou a cabo a súa reconstrución tras cedar o terreo o  inverno pasado 

Gas Natural Unión Fenosa deberá responder das obras


Tras varios meses cortada ao tráfico, dende hoxe restableceuse a circulación de vehículos pola ponte de Meitufe, situada na parroquia de Leira. Foi no pasado mes de xaneiro cando a construción, con máis de 35 anos de antigüidade, quedou intransitable tras ceder o terreo sobre a que se asentaba. 

Dende entón o Concello de Ordes solicitou o seu arranxo en diversas ocasións á empresa Gas Natural Unión Fenosa, propietaria dos terreos e responsable dos viais que transcorren por esta zona ubicada nas inmediacións do encoro de San Cosmade.

Demoras 
Segundo informa o Concello de Ordes e ante a demora na súa reconstrución por parte da empresa enerxética e tendo en conta os enormes inconvintes que esta situación estaba a causar na veciñanza, o Concello de Ordes acordou levar a cabo o seu arranxo do xeito máis inmediato co fin de solucionar o antes posible esta incómoda situación, sin deixar de reclamarlle Gas Natural Unión Fenosa que asuma a súa responsabilidade

Entre os máis afectados encontrábanse os alumnos do CEIP do Mesón do Vento, xa que unha das liñas do seu transporte escolar cubría este itinerario. 

*