Xesús Pedreira: "Os veciños e veciñas de Ordes poden sentirse orgullosos desta ordense exemplar que por loitar pola libertade, a democracia e a República, sufriu a represión franquista"
A Agrupación Socialista de
Ordes ven de expresar o seu pesar polo pasamento onte de Choncha Concheiro Garcia
en México aos cen anos de idade.
Vencellada
dende a súa mocidade coas libertades democráticas, Choncha Concheiro xunto ao
seu marido, o médico Paco Comesaña, primeiro
secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Santiago, foron, sempre segundo o PSOE de Ordes, un referente histórico na loita contra a dictadura franquista e pola democracia.
Xesús Pedreira (PSOE). |
As frases de Xesús Pedreira,
voceiro municipal socialista de Ordes
“Os vecinos e veciñas de Ordes poden sentirse ben orgullosos de Choncha Concheiro e do
seu marido, Paco Comesaña, así como dos once fusilados en 1937 en Boisaca, todos eles de Ordes que loitaron pola libertade, a democracia e pola República e sufriron a represión do réxime franquista".
“Non podemos esquecer que as liberdades democráticas
que disfrutamos hoxe, son en boa parte froito daquela loita de Choncha Concheiro e
Paco Comesaña”
*