A Alhambra de Granada. |
Visitaranse as provincias de Córdoba, Sevilla e Granada, dende o 22 ao 27 de outubro
Inscricións na Casa do Concello de Ordes
O Concello de Ordes ven de abrir o prazo para participar na excursión
organizada para os maiores do municipio, e que nesta ocasión transcorrirá por
terras andaluzas.
Concretamente visitaranse as provincias de Córdoba, Sevilla e
Granada dende o 22 ata o 27 de outubro. Os interesados deberán formalizar a súa
inscrición ata o 14 de outubro no Departamento de Servizos Sociais.
Taxas
As taxas
inclúen a estancia en hotel baixo réxime de pensión completa, servizo de
autobús, seguro de viaxe, e visitas guiadas nas cidades máis destacadas. Para
levar a cabo esta viaxe precisaranse un mínimo de 35 persoas inscritas.
*