Xesús Pedreira proporá no pleno municipal a substitucuión de semáforos na vila de Ordes, así como a consideración de núcleo urbano para o Mesón do Vento
Os socialistas de Ordes anunciaron onte que proporán
no vindeiro pleno municipal a mellora da seguridade para os peóns na estrada
N-550 ao seu paso polas zonas máis urbanas do municipio: Mesón do Vento, Ordes
e Santa Cruz de Montaos.
No que respecta ao Mesón do
Vento, os socialistas reclaman instalar un grupo de semáforos que regulen o
tráfico nos pasos de peóns existentes na actualidade. A idea é que funcionen
regularmente nas horas diurnas e permanezan coas intermitencia ámbar durante a
noite.
Ademais, o secretario xeral dos Socialistas de Ordes, Xesús Pedreira, propón que a localidade pase a ter consideración de
núcleo urbano para poder deixar sen efecto a liña continua en toda a poboación.
Na actualidade, esta liña obriga aos conductores que queiran xirar ao lado
oposto do seu carril a dar un rodeo ata unha das dúas rotondas do Mesón do
Vento, situadas unha na entrada e outra na saída.
Substitución de semáforos
En canto á vila de Ordes, o PSOE
coida que é urxente a substitución dos semáforos situados na N-550 e as
interseccións desta estrada con outras rúas. Pedreira asegura que “denunciamos
a súa antigüidade de preto de corenta anos, e un sistema obsoleto con continuas
avarías”.
A proposta a tratar na vindeira
sesión da corporación inclúe tamén o treito da N-550 correspondente a Santa
Cruz de Montaos. Os
socialistas reclaman que se establezan como mínimo dous pasos
peonís.
En concreto, propoñén un á altura da igrexa e outro á altura do hotel,
e ven necesario que os dous casos se doten de semáforos con intermitencia en
ámbar as 24 horas do día.
De aprobarse polo pleno, as
peticións serían trasladadas á Demarcación de Estradas de Galicia, á Delegación
do Goberno en Galicia e ao Ministerio de Fomento.
*