Destinaranse 10.000 euros e os demandantes deberán
entregar as súas solicitudes ata o 31 de outubro do Concello
O
Concello de Ordes vén de facer públicas as axudas por un total de 10.000 euros
para a adquisición de libros e material didáctico complementario para o curso
2013-14.
Para
poder optar a estas axudas son imprescindibles, entre outros requisitos, que os
membros da unidade de convivencia residan en Ordes polo menos con dous anos de
antigüidade; estar matriculado nun centro escolar de infantil ou primaria
situado no termo municipal; non estar repetindo curso; que a suma das bases
impoñibles do IRPF dos membros da unidade de convivencia non exceda dos 7.000
euros; que a suma dos valores catastrais das fincas urbanas non exceda os
35.000 euros (excluída a vivenda habitual), que no caso das fincas rústicas
será de 13.000 euros; non ser debedor da Facenda municipal, autonómica ou estatal
ou da Seguridade Social; non ter pendente de xustificación ningunha subvención
do Concello de Ordes; e tamén se terán en conta outros factores como a
orfandade, idade, desemprego ou incapacidade recoñecida do cabeza de familia,
ou pertencer a familia numerosa.
Rexistro xeral do Concello de Ordes
As solicitudes deberán presentarse no
Rexistro Xeral do Concello de Ordes. O modelo de solicitude será entregado nas mesmas dependencias e nel
especificaranse os datos persoais do estudante, os estudos a realizar e o centro
de ensino onde se cursan.
*