Poderán inscribirse en solfeo, guitarra, piano, trompeta, clarinete, saxofón, oboe, frauta, batería-percusión, trombón, tuba e bombardino
O prazo remata o 25 de setembro
O vindeiro 25 de setembro
rematará o prazo para poder inscribirse nalgunha das clases que a Escola
Municipal de Música do Concello de Ordes ten previstas de cara a este curso.
Concretamente impartiranse clases de solfeo, guitarra, piano, trompeta, clarinete, saxofón, oboe, frauta,
batería-percusión, trombón, tuba e bombardino.
Dado que as clases de
instrumentos son limitadas as prazas serán outorgadas por rigurosa orde de
inscrición. Para elo os interesados deberán acudir de 09:00 a 14:00 horas ao
Departamento de Educación, ubicado no primeiro andar da Casa do Concello.
Máis información no teléfono 981
680 002 (Extensión 4).
*