Por primeira vez as orquestras canarias Armonía Show e Combo Dominicano subirán ao mesmo escenario en terras galegas
En colaboración co Concello de Ordes, a parroquia de Leira comeza hoxe luns e mañá martes 16 e 17 de setembro da romaría na
honra a súa patrona Santa Eufemia.
O programa deu comezo cunha serie de misas
cantadas ás 09:00, 09:30, 10:00, 11:00 e 11:30 horas, para posteriormente ofrecer unha
misa solemne ás 13.30 horas. Novamente, esta vez a partir das 20:00 horas,
celebrarase un oficio relixioso.
Nesta xornada a sesión vermú correrá a cargo da
orquestra La Bámbola, que pola noite compartirá escenario co grupo Panamá. Non serán os únicos encargados de animar o
día cos seus sons xa que durante toda xornada tamén haberá charangas e a
actuación do grupo de música tradicional Embruxo de Leira.
Programa de mañá martes
De
cara a mañá, novamente volverá a haber misa solemne ás 13.30 horas. A música
e a diversión volverán a ser as protagonistas a mediodía cos ritmos orquestais,
que pola noite virán da man de Armonía Show e Combo Dominicano. Será a primeira vez que se
poida ver a estas formacións canarias botar un pulso sobre un escenario galego.
*