Especialmente dirixido desempregados e emprendedores, así como a
persoal técnico da Administración Local
Inscrición aberta ata o 30 de setembro
A Oficina de Fomento
Cooperativo da Comarca de Ordes, pertencente á rede Eusumo, pon en marcha un
dous novos proxectos formativos on line cunha duración total de 30 horas. O
primeiro deles, con 40 prazas, é o curso ‘O emprendemento cooperativo’, especialmente dirixida a desempregados e emprendedores.
A segunda opción, con trinta plazas, é o curso
‘Xestión de cooperativas’, dirixido ao persoal técnico dos concellos que realice
labores de asesoramento para o emprego, así como ao persoal de xestorías e
asesorías.
Matrícula
O prazo de matrícula para as dúas accións formativas estará aberto até o 30 de setembro. A inscrición é
de balde e entregarase un diploma de asistencia a todas aquelas persoas que
finalicen con aproveitamento o curso.
Para matricularse basta con entrar na plataforma de teleformación e
aportar os teus datos persoais http://xeiraformacion.com. Unha vez feito isto o servizo de titorías
do curso comunicará a admisión en calquera das dúas opcións nun breve espazo de
tempo.
Máis información
Máis información na Oficina de Fomento Cooperativo
da Comarca de Ordes, ubicada nos baixos da Alameda, ou ben a Xeira Consultora S.
Coop. Galega, na rúa Mediodía, na vila de Ordes.
Tamén se pode chamar aos teléfonos
981 680 002 e 981 680 174, ou ben
empregar os correos electrónicos manuel.pena@ordes.dicoruna.es
ou formacion@xeiraconsultora.com
Ambas actividades, nas que se poderán participar os habitantes de
Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo, contan co financiamento
da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e do Fondo Social
Europeo.
*