Máis de 200 xogadores protagonizaron a
presentación das escolas deportivas municipais
A Cidade Deportiva de
Vista Alegre foi o escenario para a presentación das escolas deportivas
municipais de fútbol do Concello de Ordes, que tivo lugar na tarde do pasado sábado.
En
total foron máis de 200 os xogadores convocados a este acto, todos eles
pertencentes ás categorías alevín, infantil, cadete, benxamín, prebenxamín, xuvenil
e biberón. Ao acto acudiron numerosos pais, nais, familiares e amigos, ademais
dos máximos responsables e técnicos de cada unha das alineacións, encabezados
polo alcalde de Ordes, Manuel Regos.
*