En horario que vai de 09:00 a 10:00 horas e de 14:00 a 15:00 horas
O Concello de Ordes
restrinxirá o estacionamento de vehículos na rúa Campomaior a partir de mañá día 11. Concretamente
prohibirase o aparcamento na marxe esquerda da rúa nun horario que vai de 09:00 a
10:00 horas e de 14:00 a 15:00 horas.
O Goberno municipal pretende deste xeito
rematar cos continuos atascos e retencións que se orixinan tanto no
horario de inicio como de saída das clases do CEIP Campomaior.
Estudo da zona
Segundo o Goberno local e co fin de acadar a mellor
das solucións, a Policía Local de Ordes realizou un estudo da zona tendo en
conta as posibles alternativas para a solución deste problema.
En base a éste o
Concello decantouse pola restricción de estacionamento por franxas horarias.
*