miércoles, 4 de septiembre de 2013

Apoio unánime da Mancomunidade a cooperativa do grelo de Ordes


Manuel Regos: "“É unha boa maneira de crear auto emprego e de promocionar un dos productos máis recoñecidos da nosa zona” 

O curso de habilidades sociais optará aos Premios Coopera da Xunta de Galicia

O pleno da Mancomunidade de Municicipios da Comarca de Ordes finalizou o pasado luns coa decisión unánime por parte dos sete alcaldes da zona de adherirse ao proxecto de constitución dunha cooperativa de cultivo, promoción e distribución de grelos

Unha idea dada a coñecer fai escasos días tras a xuntanza mantida entre o presidente da mancomunidade, Manuel Regos, con agricultores e membros doutras cooperativas similares e AGACA, entre outros.

Tamén se acordou a posta en marcha dunhas xornadas de fomento do cooperativismo en cada un dos sete concellos da comarca, as cales incluirán charlas sectoriais e cursos on line para todos os interesados, grazas á subvención aportada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais a través da Consellería Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Premio Coopera e Dinamización Lingüística
Por outra banda a Mancomunidade de Ordes decidiu optar ao Premio Coopera outorgado pola Consellería de Presidencia e Administracións Públicas,  respecto do Curso de Habilidades Sociais e Desenvolvemento Persoal para Persoas con Discapacidade, desenvolvido nun inicio pola mesma mancomunidade e que na actualidade financia o Concello de Ordes. 

Outro dos aspectos debatidos en pleno foi a adhesión á Rede de Dinamización Lingüística. Entre as ventaxas que aportaría está a de poder optar a actividades e encontros culturais orientados a todo tipo de colectivos, e que teñen como denominador común a lingua galega

Neste sentido cabe lembrar a celebración, a partir do vindeiro martes 10 de setembro, dun curso de lingua galega para extranxeiros. A piques de rematar o prazo de inscrición, éste terá lugar no Concello de Ordes e será impartido pola axente de normalización lingüística da Mancomunidade. 

As frases de Manuel Regos, presidente da Mancomunidade de Ordes
“Esta cooperativa é unha boa maneira de crear auto emprego e de promocionar os grelos, un dos productos máis recoñecidos da nosa zona” 

"Precisamos do esforzo por parte de todos para sacar adiante esta iniciativa que contribuirá positivamente á economía da nosa zona

*