martes, 10 de septiembre de 2013

O BNG de Ordes considera "unha bobada" a solución do estacionamento na rúa Campomaior

Os nacionalistas apostan polo estacionamento nunha soa beira da rúa

Recouso: "Esta rúa debe permitir un acceso áxil e rápido aos vehículos de emerxencias no caso de producirse algunha"

Co gallo da decisión do Goberno municipal de Ordes de limitar o estacionamento na rúa de Campomaior, o BNG de Ordes ven de comunicar que consideran esta medida como unha “bobada”, porque non vai solucionar o problema, xa que moitos vehículos van ficar esquecidos estando estacionados nesa marxe da rúa.


O BNG insta a Regos a que se deixe de aplicar “medias tintas” e que  solucione o problema de tráfico na rúa Campomaior aplicando medidas efectivas e eficientes.  



Por último, o grupo municipal do BNG lembra tamén que defendeu no pasado Pleno municipal unha moción na que solicitaba que o estacionamento de vehículos na rúa Campomaior fora nunha soa beira. Moción foi rexeitada polo Goberno de Manuel Regos.

Ramiro Recouso (BNG).
As frases de Ramiro Recouso, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Na rúa Campomaior vese agravado o problema xa que durante o período escolar, deben circular pola mesma diariamente autobuses escolares xunto cos vehículos particulares" 

"Esta rúa é o único acceso existente a día de hoxe cara o CEIP Campomaior e as súas instalacións deportivas, debendo permitir un acceso áxil e rápido aos vehículos de emerxencias no caso de producirse algunha

“Debido á pésima xestión e previsión urbanística que se leva facendo historicamente en Ordes, a día de hoxe temos numerosas rúas estreitas que non permiten a disposición nas mesmas dunhas beirarúas anchas, con zonas de aparcamento amplas que permitan unha circulación cómoda dos vehículos”

*