Poderá
visitarse no Museo do Traxe ao longo das vindeiras semanas de balde
Manuel Regos: "Os investimentos en proxectos culturais son fundamentais para o beneficio da nosa sociedade"
O Concello de Ordes homenaxeu na tarde de onte ao coreógrafo e bailarín ordense Juanjo Liñares (1933-2009) co gallo do 80 aniversario do seu
nacemento, fillo predilecto de Ordes e fundador do Museo do Traxe, un dos
puntos culturais de maior interés de toda a comarca de Ordes, e que leva o
seu nome.
Foi precisamente neste espazo onde a Agrupación
Folclórica Sementes da Arte, fundada por Liñares, iniciou o acto conmemorativo cunha serie de pezas que foron
interpretadas en directo e bailadas por un corpo de baile composto por arredor de
30 bailaríns.
Bonecas vestidas con tradicionais de múltiples países. |
80 imaxes
Manuel Segovia, fundador da compañía Ibérica
de Danza, representantes de numerosas agrupacións e asociación folclóricas e
culturais de toda Galicia e da Federación Galega de Danza, antigos alumnos e
colaboradores entre outros, abarrotaban a entrada do museo á espera de que se
abrirán as portas da exposición ‘Juanjo Liñares, a súa vida en 80 imaxes e
obxetos persoais’.
Previamente tanto Manuel Viqueira, director do Museo do
Traxe como Manuel Segovia tiveron palabras de ensalzamento á obra e figura de
Liñares, destacando “o papel tan importante que tivo na difusión do folclore”.
Pola súa banda o alcalde de Ordes, Manuel Regos defendeu unha vez máis ‘os
investimentos en proxectos culturais para beneficio da sociedade, incluso en
tempos como os actuais”. Ao seu carón tamén se atopaban a tenente de alcalde,
Silvia Marín, e o concelleiro de Urbanismo, Roberto González.
Bocetos orixinais de traxes folclóricos deseñados por Juanjo Liñares (1933-2009). |
Ampla mostra
Xa dentro da sala que albergará esta mostra das coleccións que Juanjo
Liñares foi realizando ao longo das súas viaxes como bonecas coa
indumentarias típicas, libros, bocetos dos traxes rexionais, unha ampla colección de crucifixos e unha representación dos seus traxes entre os que se atopan un traxe de
gala de Ordes, un sari hindú pertencente a Anita Delgado ou unha bata de cola
flamenca lucida por Paloma Díaz.
Tamén se expoñen numerosas placas e premios
dos que foi recibindo ao longo da súa traxectoria, ademais
dunha montaxe videográfica onde se pode ver ao propio Liñares ofrecendo
discursos e falando da súa actividade profesional.
Pero o que maior número
de comentarios e interés suscitou entre os asistentes foron a colección de
fotografías que amosaban a súa traxectoria tanto persoal como profesional do bailarín e folclorista.
*