'Tardes de Contos e Lendas' deu comezo onte na biblioteca de Ordes co relato 'Violeta a carterira bolboreta'. |
Terán lugar o último venres de cada mes
Aberto o prazo de inscrición no clube de lectura de Ordes
A biblioteca municipal de Ordes inaugurou na tarde de onte unha nova tempada do
seu ciclo de narracións Tardes de contos e lendas. O relato escollido para esta primeira cita foi ‘Violeta a carteira
bolboreta’, especialmente dirixido a nenos de entre 3 e 8 anos de idade.
Como en
edicións anteriores as Tardes de contos e lendas desenvolverase o último venres
de cada mes a partir das 18:30 horas.
Clube de lectura
Por outra banda, a vindeira semana está
previsto que teñan lugar as primeiras xuntanzas dos clubes de lectura que por
primeira vez se levarán a cabo no centro.
Neles participarán veciños e veciñas
de distintas idades, mantendo aberto o prazo de inscrición para os que estean
interesados en participar nesta actividade.
*