Haberá trofeos, medallas e un premio en metálico para o gañador
Inscricións ata este venres no teléfono 660694586
Ordes acollerá esta fin de semana o IV Cross Ambiental Concello de Ordes, memorial Estevo José no que participarán arredor de 300 corredores en varias categorías. Haberá trofeos e medallas, ademáis dun premio en metálico para os primeiros en traspasar a liña de meta na categoría absoluto xeral.
Ao longo da xornada tamén se desenvolverá o IV Canicross Concello de Ordes, con probas puntuables para o campionato de liga galega e para o que xa están inscritos vinte participantes. Neste caso os primeiros clasificados tamén recibirán unha cuantía en metálico ademáis dos respectivos trofeos. Todas estas competicións desenvolveranse dende o Campo da Feira pasando polo paseo fluvial e por un itinerario que atravesa parte da zona de monte das inmediacións da vila. Os interesados poderán inscribirse ata o vindeiro venres a través do teléfono 660694586.
Andaina Concello de Ordes
Como novidade este ano a organización ten prevista a Andaina Concello de Ordes. Un percorrido no que poden participar todos os que queiran sen límite de idade. O fin último desta iniciativa é exercitarse dun xeito relaxado e divertido aproveitando os fermosos paraxes e as rutas que discorren polo Concello. Neste caso son 8, 5 quilómetros os previstos, nun itinerario perfectamente sinalizado e que tamén transcurre polo paso fluvial e polo monte.
*