Máis de 50 nenos e nenas disfrutaron do espectáculo ‘Os contacontos de Musicolín’, a cargo do grupo Duende Sico
A biblioteca municipal do Concello de Ordes celebrou recentemente unha sesión das súas Tardes de Contos e Lendas, na que participaron máis de 50 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos. Os encargados de facer disfrutar e bailar ós cativos foron os compoñentes do grupo Duende Sico, que nesta ocasión representou a obra Os contacontos de Musicolín.
Carácter mensual
As Tardes de Contos e Lendas celébranse unha vez ao mes e teñen como finalidade achegar o mundo da literatura, a cultura e as bibliotecas os máis novos do municipio. Unha inicativa na que tamén poden participar os pais , nais, avós e en xeral os adultos que acompañan ós rapaces e rapazas.
*