Praza maior medieval do municipio salmantino de La Alberca. |
Será os días 24 e 25 de marzo e terá un custe de 106 euros
O departamento de Servizos Sociais de Ordes acaba de abrir o prazo para aqueles maiores que queiran participar nunha nova excursión. Unha viaxe na que os asistentes visitarán a cidade da Salamanca e a pictórica vila de La Alberca, en plena sierra de Francia-Quilamas.
Por 106 euros inclúese a estancia nun hotel de catro estrelas, pensión completa, seguros de viaxe e servicio de autobús. A viaxe está prevista para os días 24 e 25 de marzo e os interesados xa se poden inscribir no departamento de Terceira Idade do Concello de Ordes ou chamando ao 981681483 ata o día 15 de marzo.
*