viernes, 2 de marzo de 2012

O Concello repartirá guías de aforro co gallo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética

Os máis pequenos recibirán un xogo de ordenador dos personaxes de Os Sostibles 


Co gallo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética que terá lugar o vindeiro luns 5 de marzo, o Concello de Ordes repartirá de xeito gratuito entre os seus veciños unha guía de aforro de enerxía. Trátase dun manual con consellos prácticos para reducir o consumo eléctrico e o de auga coa fin de ser máis eficientes. 

 Pola súa banda os rapaces e rapazas contarán cun xogo para ordenador no que os personaxes de Os Sostibles lles ensinarán a aforrar enerxía de xeito divertido. Para facerse cun destes agasallos bastará con solicitalo no departamento de Medio Ambiente, situado no primeiro andar da Casa Consistorial.

Conferencia internacional
Esta iniciativa está organizada polo Concello de Ordes en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia. O Día Mundial da Eficiencia Enerxética conmemora a primeira conferencia internacional da Eficiencia Enerxética celebrada en Austria en 1998, na que se reuniron máis de 350 expertos e líderes de 50 países.

*