viernes, 3 de febrero de 2012

A Mancomunidade nos ensinará a vivir como pobres

Organizan un obradoiro gratuito de economía doméstica, con consellos para planificar gastos e chegar a fin de mes

A Mancomunidade de Municipios de Ordes informou esta mañá que organizará un obradoiro de economía doméstica, que terá lugar os mércores 8 e 15 de febreiro en Ordes. Unha iniciativa que pretende “ensinar aos participantes estratexias para aforrar, para planificar e reducir gastos, para coñecer como realizar actividades de ocio sen gastar diñeiro e dar a coñecer distintas receitas baratas e saudables, entre outras cousas”, explica Begoña Lorenzo, educadora familiar da Mancomunidade de Ordes.

Este obradoiro, incluido dentro do Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Ordes, impartirase no local cultural ubicado na rúa Reconciliación (Ordes) en horario de 10:00 a 11:30 horas. A participación é totalmente libre e de balde, puidendo acudir á sesión sen necesidade de inscrición previa. Máis información no departamento de Educación Familiar, na rúa Xoxardo, ou no teléfono 981680002.

*