O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo nos Desayunos de TVE, o pasado 1 de febreiro. |
Agora que Manuel Regos ven de convidar a Núñez Feijóo á inauguración, de aquí a un mes, do novo tramo da ronda leste que apartará o tráfico pesado do centro da vila, sería conveniente ademais que dende o Concello lle fixeran chegar unha caixa grande con grelos frescos recén cortados, queixo fresco, pan e leite de Ordes. Unha convocatoria de prensa, Manuel Regos presentando a caixa polo rexistro de San Caetano, unhas cantas cámaras e xornalistas, preparar un bo titular para darlle á prensa do día seguinte e un novo convite a Feijóo vía prensa á inauguración da ronda leste, e o presidente non saberá decir que non.
Polos grelos de Ordes que Núñez Feijóo estará connosco no mes de marzo!
*