domingo, 5 de febrero de 2012

Escola de chefs en Ordes

Grupo de participantes nos cursos de cociña do Concello de Ordes. 

Os vecinos aprenderán os segredos da gastronomía da man do cociñeiro Quique Lema

O Concello de Ordes ven de inaugurar os cursos de cociña que pon en marcha dentro do circuito cultural e deportivo que se  desenvolverá ao longo dos vindeiros meses. Unhas sesións que terán lugar ata o vindeiro mes de maio e nas que os asistentes aprenderán a elaborar distintas  receitas e postres.

As clases están a ter lugar todos os venres en horario de tarde  na aula de cociña instalada na Casa da Cultura. O cociñeiro Quique Lema será o encargado de impartir os coñecementos e consellos culinarios para facer dos asistentes uns auténticos chefs.

*