De esq. a der. Roberto González, Manuel Regos e José Luis Martínez Sanjurjo. |
O Partido Popular de Ordes informou onte que os danos estruturais rexistrados na Casa Consistorial de Ordes como consecuencia dunhas obras mal plantexadas os levarán a esixir responsabilidades políticas polo sucedido.
José Luis Martínez Sanjurjo, voceiro municipal do Grupo Popular, apunta entre os responsables da situación ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, e ao concelleiro de Obras, Roberto González. Entende o portavoz popular que se antes de iniciar as obras se tivese efectuado un proxecto técnico rigoroso, cos correspondentes estudos sobre o estado da estructura, non se tería chegado á situación actual, na que o edificio corre un serio risco de derrubamento.
Tamén asegura que a pesar de que foi o Partido Popular, a través dunha pregunta no pleno ordinario de novembro, o que conlevou a solicitar a elaboración de informes técnicos externos sobre a situación da antiga Casa Constorial, o Concello de Ordes continúa negando o acceso a eses documentos, dos que os populares teñen coñecemento por vez primeira a través da prensa.
O Partido Popular tamén esixe ao Concello que explique como ten previsto facer fronte ao sobrecuste que se derivará da intervención que necesita o edificio, unha explicacion que resulta especialmente necesaria logo de que o alcalde afirmase, nun recente pleno, que non ía incrementar o crédito previsto para esta intervención.
A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“Nin o alcalde nin o concelleiro de obras se poden ir 'de rositas', sen asumir responsabilidade algunha, dado que a súa decisión de acometer as obras sen as suficientes garantías vai provocar o completo baleirado do edificio e un máis que probable prexuízo económico millonario para o Concello de Ordes”
*