Os estudantes matriculados terán que examinarse da ESO nos meses de xuño ou setembro. |
Un total de corenta e cinco alumnos recibirán coñecementos de ciencias, letras e idiomas
O Concello de Ordes inaugurou onte os novos cursos de adultos para a obtención do título de graduado en ESO. No acto que tivo lugar na Casa da Cultura estiveron presentes a concelleira de Educación, Silvia Marín, a profesora encargada de impartir as clases, Natalia Rodríguez, ademáis dos corenta e cinco alumnos matriculados.
A todos se lles impartirán coñecementos en diversas materias das ramas de ciencias e letras, ademáis de idiomas. Todo elo co fin de poder superar as probas que terán lugar nas convocatorias de xuño e setembro. Dado o elevado número de alumnos matriculados este ano as clases impartiranse nos baixos da Alameda, na rúa Xoxardo.
*