A Agrupación local celebrou a pasada noite un cocido de Entroido con cerca dun centenar de convidados
O congreso do PSdG-PSOE terá lugar na capital de Galicia entre o 9 e o 11 de marzo
Os socialistas de Ordes celebraron esta noite o seu cocido de Entroido nun clima de gran fraternidade. Organizado pola Agrupación local do PSdG-PSOE de Ordes, a cea acolleu finalmente a perto dun centenar de persoas, entre dirixentes, afiliados e simpatizantes. Entre todos eles, o exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o presidente provincial do PSdG-PSOE e expresidente da Deputación de Coruña, Salvador Fernández Moreda, así como os secretarios de Organización dos socialistas galegos, Pablo García, e dos socialistas coruñeses, Emilio Rodríguez.
Momento da intervención do exministro de Xustiza, o ceense Francisco Caamaño. |
O secretario xeral dos socialistas de Ordes, Xesús Pedreira, agradecendo aos convidados a súa presenza. |
O encontro de fraternidade serviu tamén para dar a coñecer a todos os presentes os nomes dos delegados escollidos pola Agrupación local do PSdG-PSOE de Ordes para asistir ao congreso galego do partido que terá lugar en Santiago de Compostela entre o 9 e o 11 de marzo próximo. Os socialistas de Ordes estarán representados por José Lino Gómez, Carmen Fernández e Xesús Pedreira. Tamén acudirán como observadores convidados Antonio Morán, Míriam Carballo, Carlos Pérez, Javier García e Carlos Souto.
*