miércoles, 15 de febrero de 2012

'Cocido socialista' para a noite do venres

De esq. a der. Xesús Pedreira, Pablo García e Francisco Caamaño en Ordes, en novembro do 2011.
A Agrupación local do PSOE de Ordes prepara unha cea de Entroido para todos os que queiran participar


Será no restaurante El Túnel a partir das 22:00 horas

A Agrupación Socialista de Ordes organiza para o vindeiro venres 17 de febreiro un cocido no restaurante El Túnel. O encontro, aberto a todos os que queiran participar, terá lugar a partir das 22:00 horas. Estarán presentes o exministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o secretario de Organización do PSdG-PSOE, Pablo García, e Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, e o secretario xeral local, Xesús Pedreira.

Todos os interesados xa poden mercar o seu vale no propio restaurante El Túnel (Avenida de Alfonso Senra, 119), a un prezo de vinte euros.

*