viernes, 10 de febrero de 2012

Landeira presentou as 'fugas' de Cunqueiro

A libraría compostelá Couceiro acolleu a presentación onte de Sobre las fugas de Cunqueiro.
Trátase dun texto inédito do seu avó, o xornalista e escritor compostelán Landeira Yrago, íntimo amigo do mindoniense 

O director fundador do xornal compostelán Santiagosiete e editor de Ordessiete, Renato A. Landeira, presentou onte en Santiago de Compostela Sobre las fugas de Cunqueiro. Otra vida de Álvaro entre el periodismo y la literatura (Auga Editora). Un traballo literario inédito obra do seu avó, o xornalista e escritor Xosé Landeira Yrago (Santiago de Compostela, 1922 -Vigo, 1995), quen fora subdirector de Faro de Vigo co poeta de Mondoñedo na dirección do xornal. Posteriormente, entre 1975 e 1978 accedería Landeira Yrago á dirección do diario decano da prensa española.

Algúns dos asistentes á conferencia sobre literatura e xornalismo, chegando aos salóns da libraría Couceiro.
Ponentes
A presentación conto coas intervencións do editor, o xornalista e escritor Xosé A. Perozo, o tamén xornalista Xosé María Palmeiro, e de Renato A. Landeira, autor da edición, prólogo, actualización e notas do libro.

Perozo, Palmeiro e Landeira (fondo).
Asistentes
A libraría Couceiro da praza de Cervantes acolleu a moitas caras coñecidas da sociedade compostelá que non quixeron perderse a presentación, como o pai Xosé Isorna; o secretario  xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro; o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Luis Blanco Valdés; o doutor Ignacio Balboa; o presidente editor de Santiagosiete, Pedro Mouriño; a parlamentaria María Seoane e o seu esposo, o avogado e escritor Javier Sánchez-Agustino; a directora do gabinete de Asistencia Social da Xunta de Galicia, Maika Selas; ou o rexistrador xeral da Propiedade Intelectual de Galicia, José María Guijo, entre moitos outros.

Tamén os ordenses Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes; e José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, se achegaron á presentación.

Fotografías: A. Hernández. El Correo Gallego.

*