O nacionalista di que o retorno da inversión na hostelaría e no comercio ordense "supera con creces" o investimento que o Concello debería facer fronte
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, criticou hoxe ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, por “deixar que o Festival Brincadeira se vaia para Cambre, ao negarse a prestar ningún tipo de colaboración para a organización deste importante evento”.
O portavoz do BNG de Ordes salientou que “resulta lamentábel que agora que o Festival Brincadeira conseguiu convertirse nunha referencia a nível estatal, como o atestigua o éxito da súa última edición, que contou cun cartel con grupos de primeiro nível e coa asistencia de perto de 20.000 persoas, teña que irse do noso concello pola desidia e a incapacidade do alcalde”.
Castro manifestou que “a organización do festival presentou unha proposta ao alcalde na que rebaixaban nun 70% a colaboración que prestou o Concello a este festival na edición de 2011, unha proposta pola que o Concello só tería que asumir a colocación do escenario e do equipo de son nesta edición de 2012, mais o alcalde negouse incluso a reunirse cos organizadores do festival para buscar unha solución que permitise seguir celebrando o Brincadeira en Ordes”.
O portavoz nacionalista salientou que “o custo que tería que asumir o Concello de Ordes para manter o Festival Brincadeira no noso Concello sería mínimo comparado coa grave perda económica que suporá a marcha do festival para sectores económicos do noso concello, como o hosteleiro e o comercial”.
Gonzalo Castro, do BNG de Ordes. |
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“A perda da importante campaña de promoción do Concello de Ordes que supoñía este festival, como o demostra o feito de que un 30% dos asistentes ao festival na edición do ano pasado fosen de fora de Galiza”
“O beneficio económico para os sectores hosteleiro e comercial e a promoción no exterior do Concello de Ordes xustificaban con creces o custo do aluguer dun escenario e dun equipo de son por parte do Concello de Ordes, só a miopía e a incapacidade dun goberno paralizado foi incapaz de entender algo tan obvio”
*