Manuel Regos Boquete (Unión por Ordes), de 53 anos, é alcalde de Ordes dende maio do 2007. |
"A fusión de municipios, antes ou despois será inevitable, e Ordes ten que estar preparado"
Economía, traballo, servizos e crecemento. Esas son as receitas que Manuel Regos Boquete (Ordes, 1958), alcalde de Ordes dende 2007, busca adoitar nesta lexislatura para o noso municipio. Polo de agora, danos resposta a moitos dos nosos interrogantes.
Unha recente enquisa feita por Ordessiete reflexa que o que máis preocupa aos nosos lectores son, por este orde, o paro, a débeda municipal e a falta de pago a provedores. Que solucións plantexa?
As tres preocupacións resultan moi importantes para os nosos veciños, sen dúbida algunha. Respecto á primeira delas, o paro, o Concello de Ordes no seu sentido máis amplo e non só en referencia ao Goberno local, traballa porque as empresas creen traballo no noso concello. A nosa función é promover un entorno idóneo para a ubicación de empresas e industrias que traian postos de traballo e riqueza a Ordes. Nese sentido, confiamos en que a posta en marcha do novo polígono industrial lle resulte atractivo a eses empresarios e a esa industria. Podo avanzar que moi pronto dúas novas empresas formarán parte do noso novo polígono, empresas que necesitarán traballadores. Esta é a nosa función dende o Concello de Ordes, mellorar as condicións para que as empresas que se ubiquen no noso concello teñan os mellores servizos e así creen emprego.
Cantos desempregados hai actualmente en Ordes?
No municipio son uns 1.200 e na comarca son 3.900. Temos una taxa de desemprego do 14 %, bastante por debaixo da media nacional do 20% e menos tamén da media galega, situada en torno a un 18 %.
E cantos autónomos? Todos falan dos dereitos dos asalariados e dos dereitos das empresas, pero que sucede co colectivo dos autónomos?
Autónomos son cerca de mil en Ordes. Fíxese o importante que son os autónomos para nós. Se cada un deles crease un solo emprego, estaríamos falando de paro cero en Ordes. As nosos políticas municipais de creación de emprego teñen moi en conta este importante colectivo da nosa economía.
"As débedas serán pagadas", asegura Regos. |
"As débedas xa se están pagando"
Cando pagará o Concello de Ordes as débedas atrasadas?
Xa se están pagando. A finais do 2011 se abonaron facturas por valor duns 300.000 euros e seguiranse liquidando todas elas periódicamente ata sanear por completo as contas municipais. Podo asegurar que isto vai ser así. O noso obxectivo é crear un plan de pagos que en ningún caso supere o prazo de espera de dous anos.
Por outra banda, o Goberno central ven de anunciar que o Consello de ministros aprobará en breve un mecanismo que permitirá liquidar débeda comercial pendente das administracións públicas. Estaremos moi pendentes de instaurar medidas coma esta e outras que xa o Goberno en Madrid ten previsto coas administracións locais.
Por outra banda, o Goberno central ven de anunciar que o Consello de ministros aprobará en breve un mecanismo que permitirá liquidar débeda comercial pendente das administracións públicas. Estaremos moi pendentes de instaurar medidas coma esta e outras que xa o Goberno en Madrid ten previsto coas administracións locais.
Os orzamentos municipais están actualmente prorrogados. Para cando ten prevista a presentación dun proxecto de orzamentos para este ano 2012?
Neste momento os orzamentos están prorrogados por una razón: dependemos da actuación doutras administracións públicas e dos seus proxectos orzamentarios. Non queremos facer os nosos números ata coñecer as previsións das outras administracións das que nós dependemos financieiramente. Esperamos ter canto antes un documento que presentar aos demais grupos municipais e comezar un proceso de negociación.
"Confío que o orzamento municipal sexa aprobado entre todos"
Como espera aprobalo? Recollerá a invitación de pacto que neste sentido lle fixo chegar o BNG de Ordes?
Eu agradezo a disposición do grupo municipal do BNG neste sentido, pero eu espero que o noso proxecto de orzamentos sexa aprobado entre todos. Nesa dirección traballamos, para que sexa un orzamento de todos.
Podería adiantarme algunhas das súas propostas? Haberá importantes novidades?
Serán uns orzamentos con recortes. Sei que son medidas moi pouco populares, pero os vecinos e veciñas teñen que entender que son absolutamente necesarios, e que estas medidas, nun futuro cercano revertirán de forma positiva en todos nós. Ainda así, tamén podo asegurar que as prestacións e servizos básicos estarán cubertos por completo. Tamén o estarán os programas de estímulo e promoción do emprego no noso municipio.
Non teme que dándolle agora unha negativa aos nacionalistas no pacto orzamentario poida levar una implícita invitación para que eles se acheguen dalgún xeito ao PP?
Eu son moi respetuoso coas garantías constitucionais e cos dereitos dos grupos municipais de negociar libremente nun sentido ou noutro, pero tamén penso que agora non son tempos para experimentos de moi dubidoso resultado e sinceramente, penso que iso non resolve absolutamente nada. O que deberiamos pensar todos na corporación municipal é en tirar xuntos do carro, traballar na mesma dirección e co mesmo obxectivo: traballar polo benestar no máis amplo sentido dos nosos veciños e veciñas.
Regos convidou ao presidente da Xunta á inauguracíon do novo tramo da ronda leste no próximo mes de marzo. |
"Ordes terá viveiro de empresas"
O mesmo día do seu nomeamento como alcalde, en xuño do 2011, afirmou que Ordes tería un viveiro de empresas.
Si, así é, pero primeiro teremos que rematar co procedemento administrativo do novo polígono industrial, que recordemos, terá una superficie duns 100.000 metros cadrados. En canto este primeiro asunto esté resolto, comezaremos a estudar a ubicación estratéxica dun viveiro de empresas para os emprendedores ordenses.
Fai unhas semanas levouse un piropo do presidente da Deputación, Diego Calvo. Dixo que a Mancomunidade de Ordes está resultando un modelo no camiño hacia a fusión de concellos.
Si, con ese obxectivo se está a traballar dende a Mancomunidade. A fusión de municipios resultará, antes o despois, inevitable, e Ordes ten que estar preparado. Levará tempo, pero será necesaria e positiva.
"Queremos marca un precedente coa Mancomunidade de Ordes"
Tanto Calvo como o anterior presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, apuntan hacia Ordes como líder nun primeiro paso na unión de concellos. Se Ordes finalmente consegue levalo adiante absorbendo a concellos veciños como Trazo, Tordoia, Frades ou Mesía lle daría un recoñecimento e unha percepción de vangarda e liderazgo de gran valor no mapa galego e nacional. Non lle tenta a idea?
Bueno, eu non teño pretensións persoais nese sentido. Si é certo que dende a Mancomunidade de Ordes queremos marcar un precedente liderando un proxecto de mancomunidade que está acadando fama en toda Galicia. Si queremos ser líderes en mancomunar servizos e queremos que Ordes sexa un exemplo de mancomunidade en Galicia e tamén en España de cara a unha máis que previsible futura fusión de municipios.
Que opina de Núñez Feijóo, lle parece un bo presidente da Xunta?
Si, paréceme un bo presidente. Certo é que polas circunstancias económicas actuais vese obrigado a adoitar medidas pouco populares, pero iso non o converte nun mal presidente.
Cando visitará Alberto Núñez Feijóo de manera oficial o Concello de Ordes?
Agora terá unha oportunidade. Fai uns poucos días lle mandamos una invitación para inaugurar a nova rolda da N-550 ata o polígono industrial. Confiamos en que a acepte e estea con todos nós o vindeiro mes de marzo.
Piensa que a Xunta de Galicia discrimina a Ordes?
Claro que non. A Xunta de Galicia vese obrigada a facer recortes en todos lados, e iso non exclúe a Ordes. Durante os próximos un ou dous anos lamentablemente as cousas seguirán deste xeito, pero non penso que haia ningún tipo de discriminación a Ordes con respecto a outras localidades galegas.
Regos quere un crecemento sostible e equilibrado para Ordes, que espera alcance os 20.000 habitantes no 2030. |
"Ningunha rúa cambiará de nome"
Está vostede a favor ou en contra de bautizar unha rúa en Ordes co nome de Manuel Fraga?
Bueno, esa decisión lle corresponde ao pleno municipal. Actualmente ésta a traballar unha comisión da que eu non formo parte, pero non soamente sobre a idoneidade do nome de Manuel Fraga para incorporalo no noso rueiro, senón tamén con outros moitos nomes que se están estudando. O que si quero apuntar é que no caso de que a corporación municipal aprobe finalmente esta medida, que deberá ser por unanimidade dos seus dezasete membros, será bautizada co nome de Manuel Fraga unha rúa das novas travesías de Ordes. En ningún caso será mudado o nome dunha rúa actual polo nome do expresidente.
A chamada movida de Ordes conta con todas as garantías de seguridade e de cumplimento das normativas?
Si. Certo é que estamos nunha época baixa, dos 42 empresarios que a formaban fai uns anos pasaron aos 16 de agora, pero as reunións que estamos tendo con eles están sendo moi positivas. Neste sentido, o Concello está mediando para que todos eles se acollan á normativa vixente. A resposta do colectivo de empresarios está sendo excelente e ambas partes, empresarios e Concello, imos cumprir todas e cada una das recomendacións feitas polo Valedor do Pobo.
"Son partidario da peatonalización dalgunhas rúas"
Pleno tras pleno empéñanse en intentar limitar o paso de tráfico pesado pola vila de Ordes, e así levamos anos. Cando rematará definitivamente esta incomodidade?
Como avancei antes, queremos que o presidente da Xunta inaugure esta nova rolda da N-550 que non ten outro obxectivo que este. A lo máis tardar a finais de marzo, o centro da vila estará despexado de tráfico pesado.
Non sería unha boa solución, á salomónica, prohibir o paso a todos os vehículos, é dicir, peatonalizar o tramo da avenida de Alfonso Senra entre o Nogallás e a Casa do Concello?
Eu son partidario da peatonalización de determinadas rúas, e unha delas sería parte da N-550. Agora neste momento so temos a rúa de Mundito, pero peatonalizar ese tramo da avenida de Alfonso Senra é unha das nosas asignaturas pendentes. Eu confío que lograremos ese obxectivo nesta mesma lexislatura.
Cal é o seu modelo urbano para Ordes?
Queremos un concello saudable, rico e próspero, con areas equilibradas residenciais, industriais e de servizos. Queremos un concello cómodo para todos, con todas as demandas cubertas e que poida chegar, nos próximos quince anos, ata os 20.000 habitantes. O noso modelo urbano está ademais creado por nós mesmos. É un modelo propio, noso e para nós.
A cultura ordense parece que se resentirá despois de anunciar que non haberá nin Brincadeira nin Gala contra o Cancro. Se esperan novidades neste sentido para as festas patronais?
Non. As festas patronais de agosto son intocables, están garantidas. O festival Brincadeira e a Gala contra o Cancro resultaron moi beneficiosas para Ordes no pasado, pero agora non podemos asumir o seu custe. Co tempo poderanse retormar estas e moitas outras propostas.
"Esta primaveira abrirase a estación da Pontraga"
O transporte ferroviario e Ordes sempre se levaron como a agua e o aceite. Ambas estacións, Fosado e A Pontraga, resultan fantasmais a día de hoxe. Qué solución plantexa?
A estación da Pontraga abrirase nesta primaveira. Hai que lembrar que o edificio e o entorno foron recuperados polos alumnos do obradoiro de traballo Ramón Ruibal. Foron 44 os traballadores e traballadoras que estando inscritos no INEM en Ordes foron contratados para esa labor, e fixeron un traballo excepcional. Estamos tamén á espera de acadar novas axudas ministeriais e algo de interese para a cidadanía se implementará no seu edificio.
Respecto á estación de Fosado, hai que dicir que non é de competencia municipal. Levamos tempo estudando a conveniencia ou non de implementar algún tipo de servizo de transporte entre o centro da vila e a estación. Proximamente daremos a coñecer algunas destas conclusións que poidan poñer en valor este importante apeadoiro que pode achegarnos, por exemplo ao centro de Vigo en dúas horas.
Existen numerosos programas da UE dos que Ordes podería beneficiarse. Que lugar en Europa procura para o noso concello?
A internacionalización, nun futuro inminente, resultará algo cotiá na evolución económica e social das persoas e das comunidades urbanas, e Ordes non pode ser unha excepción. O concello de Ordes xa resultou beneficiario dos proxectos Miner e Leader da Unión Europea, e miramos con detalle todos os programas que dende Bruselas poderían ser de interese para nós. Agora estamos identificando vilas europeas que teñan un perfil similar ao noso, con incidencia do sector textil e interese por políticas medioambientais e de desenvolvemento urbano sostible. Dende o Concello traballamos tamén porque Ordes estea cada día máis integrada non só en Galicia e España senón tamén en Europa.
***