viernes, 10 de febrero de 2012

Radio Ordes da a benvida a Charo Fernández Velho

Charo Fernández Velho (esq.) con Laura Bugalho na emisora Radio Ordes, gravando 'Sumando todas'.
A profesora de lingua galega do IES Maruxa Mallo presenta o seu programa sobre igualdade, 'Sumando todas'


Todos os luns a partir das 19:30 horas no 107.3 FM


'Sumando todas’ é o título do novo programa que Radio Ordes estreará o vindeiro luns 13 de febreiro a partir das 19.30 horas. Conducido por Charo Fernández Velho, profesora de lingua galega do IES Maruxa Mallo, ‘Sumando todas’ preséntase como un espazo que pretende visibilizar os logros das mulleres á par que avanza na súa igualdade.

Convidadas 
Laura Bugalho, fundadora do colectivo Transgaliza e premio Nicolás Salmerón de Derechos Humanos 2011 na categoría  de libertades sexuais, será unha das convidadas nesta primeira entrega. Mariana Carvallal, actriz e directora cinematográfica, falará sobre ‘Escoba!’, serie que dirixe e que actualmente emite a TVG. Charo Fernández Velho tamén nos achegará as figuras de dúas mulleres relevantes nos eidos da literatura e do feminismo como foron Virginia Woolf e a viguesa Concepción Arenal. A música da cantante caboverdiana Cesária Évora, falecida no mes de decembro do pasado ano, será outra das protagonistas.

‘Sumando todas’ emitirase cada luns a partir das 19.30 horas no 107.3 da FM e tamén a través do blog www.radioordes.com. . 

*