Búsqueda do tesouro, partidos de waterpolo, xincanas, ou carreiras de sacos entre outros serán algunhas das probas
Este próximo venres finalizarán os cursos de
natación impartidos polo Concello de Ordes na piscina municipal ubicada no
Campo da Feira. A partir das 11:00 e ata ás 13:00 horas a piscina municipal acollerá
unha serie de competicións e probas coas que se despedirán ditos cursos ata o
vindeiro ano. Búsqueda do tesouro, partidos de waterpolo, xincanas, ou
carreiras de sacos entre outros serán algunhas das competicións que os
monitores teñen previstas.
Ao longo destes últimos dous meses, máis de medio cento de rapaces e rapazas de entre 3 e 16 anos aprenderon a nadar ou ben perfeccionaron o seu estilo con técnicas en
cada un dos estilos. Durante cada xornada impartíronse un total de catro cursos de
45 minutos de duración, sendo de 30 minutos no caso dos máis pequenos.
Conciliación familiar
Por outra banda, tamén o venres concluirán as actividades de
conciliación familiar levadas a cabo polo Concello de Ordes. Será a partir das
11.30 horas cando arranque a festa de clausura que terá lugar no local social e
na que, ademáis de xogos e reparto de lambetadas, cada un dos asistentes
recibirá un diploma.
*