Foto de arquivo da pasada edición do Día da Muiñeira en Ordes. |
Celébrase unha nova edición de tributo a nosa cultura musical da man de catro agrupacións folclóricas
Este domingo terá lugar unha nova edición do Día da Muiñeira. Unha cita cultural, lúdica e gratuíta na que se rendirá tributo ao noso folclore, á nosa música e a quenes fan posible a difusión e legado da cultura tradicional galega.
Pasarrúas inicial
A cita será a
partir das 20:00 horas na Alameda de Ordes logo dun pasarrúas polo centro da vila a cargo das agrupacións
participantes: Grupo de danza Asociación Cultural Veciños de Leira, Asociación Cultural Os
Xeitosos de Trazo, Asociación Cultural Camiño Real de Poulo e a Agrupación
Folclórica Cultural Sementes do Arte.
*