Os populares critican as "medidas de racionalización lumínica" postas en marcha polo Concello
O Partido
Popular de Ordes informou onte de que durante o próximo pleno municipal defenderá unha iniciativa para instar ao Concello a
aclarar os criterios que utiliza para racionalizar o consumo enerxético
derivado da iluminación nocturna. Segundo os populares, "se
teñen constatado numerosas incoherencias, como o apagamento masivo de
farolas en zonas que rexistran una elevada intensidade de tráfico, mentres
permanecen acesos durante toda a noite puntos de luz en lugares con moi escasa ou nula circulación
de vehículos e peóns".
Como exemplo
da "falta de criterio" que segundo o PP de Ordes caracteriza as medidas de racionalización lumínica
implantadas polo Concello de Ordes, o Partido Popular sinala o que está suceder
no Mesón do Vento e outros núcleos do municipio "onde o Goberno local
deixou sen servizo un elevado número de farolas, incrementado así o risco para
condutores e viandantes, dada a elevada intensidade de tráfico que rexistra a
estrada N-550 ao atravesar esta localidade".
Accidente na Piolla
O Partido
Popular tamén denuncia o acontecido o pasado xoves, arredor das 22:30 horas na rotonda
que enlaza a N-550 coa estrada de Betanzos, preto da Piolla. Nese punto
rexistrouse accidente múltiple no que resultaron implicados tres vehículos. Aseguran os populares que "dada a ausencia de iluminación artificial, os implicados tiveron que iluminar a
zona cos faros dos seus vehículos para poder cubrir os partes do accidente".