O BNG considera un "dispendio" o gasto nas orquestras Panorama e París de Noia, entre outras
O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, esixiu onte ao alcalde de Ordes
que faga público o orzamento das festas patronais de Ordes, con especial
referencia aos contratos coas orquestras que van actuar.
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
de Ordes, manifestou que “os veciños teñen dereito a coñecer o custo dunhas
festas, onde o alcalde tivo reparo en contratar ás orquestas máis caras do país”.
Para Castro, “este dispendio en orquestas
para as festas de Ordes, contrasta coa decisión do alcalde de deixar marchar o
importante Festival Brincadeira para Cambre, por non querer sufragar o custo
dun palco, o que suporá unha importante perda económica para sectores
económicos do noso concello, como o hosteleiro e o comercial”.
Impostos e discriminacións
Castro preguntouse se “a suba brutal dos impostos que están
sufrindo os veciños de Ordes ten esta finalidade”.
O portavoz do BNG acusou ao alcalde
de discriminar ás asociacións e comisións do Concello, xa que “mentres retira as axudas ás asociacións e comisións
do concello, non escatima en gastos nas festas de Ordes”.