Dous pallasos en máis apuros son Pedro Brandariz (esq.) e Fran Rei. |
Esta tarde tócalle o turno a Peter Punk 2, a Chungatrona
O espectáculo de clown Dous pallasos en máis
apuros' supuso na tarde de hoxe o
pistoletazo de saída do Verán Cultural de Ordes. Unha cita na que se xuntaron a
lo menos un par de centos de ordenses entre nenos nenas e os seus familiares.
O
espectáculo levado a cabo pola compañía Os sete magníficos máis un fixo as
delicias e despertou as gargalladas de todos os presentes na Alameda de Ordes,
lugar no que tivo lugar a función.
A Alameda de Ordes acollerá boa parte da programación cultural do verán na nosa vila. |
Peter Punk
De cara a hoxe, Peter Punk ofrecerá na Alameda ás 20
horas o seu espectáculo de clown 'Peter Punk 2,
a Chungatrona'. Montado no seu vehículo éste participará activamente co
seu público que se presenta como parte imprescindible do espectáculo.
Aproveitará a
ocasión non só para divertirse e facer disfrutar, senón para presentar a súa
última invención, a Chungatrona, unha máquina que fará as delicias de nenos e
nenas e maiores.
*