A Banda Amigas da Música de Ordes e Municipal de Boiro ofreceron un concerto protagonizado pola música tradicional española
A XIII Xuntanza de Bandas de Música
celebrada onte na Casa da Cultura de Ordes gozou dunha gran acollida popular. Este ano as bandas participantes foron a Banda Amigos da Música de Ordes
e a Banda Municipal de Boiro.
Precisamente esta última foi a encargada de abrir
o concerto co pasodoble Evocación, seguido por Concerto de Amore e a obra
para solista Memory, interpretada ao bombardino por Antón Fernández. Amerland e Muiñeira dos pendellos foron as pezas coas que pecharon a súa
intervención os 25 integrantes desta banda dirixida por David Lojo.
Amigos da Música
A Banda Amigos da Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad, iniciou e pechou a súa intervención tamén a
ritmo dos pasodobles Calpe e Alvite, respectivamente. Precisamente neste
último, caracterizado polo acompañamento de gaitas que conleva, respirouse un
dos momentos máis emotivos de toda a sesión que levantou un gran aplauso.
Virginia, El barberillo de Lavapiés, Magic Slides e A Feiticeira foron
as restantes pezas interpretadas para un abarrotado auditorio.
*