Pese ao mal tempo, a orquestra Salsa Rosa ofreceu o seu espectáculo musical. |
A forte chuvia deixou a Ordes sen o seu primeiro día de festas
A alerta amarela por forte chuvia e ventos activada por Meteogalicia
dende as 21:00 horas de onte non errou na súa predición para Ordes. As festas da
vila deron comezo onte baixo unha intensa borrasca que alonxou a moitos das
celebracións.
A Alameda de Ordes baleira na noite de onte, sobre as 23:30 horas, baixo unha intensa chuvia. |
Intensa chuvia
A afluencia de xente tanto na Alameda como no Campo da feira resultaba
desolador. A orquestra Salsa Rosa viuse obrigada a tocar para as apenas
duascentas personas que se resguardaban da intensa chuvia baixo os paraugas e
os portais das aceras nunha noite puramente invernal.
As chuvias non cesaron ata pasadas as 02:00 horas, cando xa o comezo das festas
chegaba ao seu fin.
*