A plantilla da S.D. Compostela, vencedora da Supercopa Deputación. |
Os composteláns venceron aos penaltis ao Silva logo de rematar con empate a tres goles
A S. D. Compostela proclamouse onte
campión da Supercopa Deputación ó vencer ó Silva no campo de Vista Alegre de
Ordes. O campo ordense acolleu unha final que media hora antes do seu final parecía
sentenciada a favor do Compos que vencía por 3 a 0. Dous destes tantos foron
marcados por Louro e outro por Tachi.
Pero minutos antes do pitido final o
marcador reflexaba un empate que se tivo que resolver na rolda de penaltis. A
victoria supón, ademais do trofeo, 2.000 euros para o equipo gañador.
Representantes do Concello e Deputación
Nas gradas da cidade deportiva de Vista Alegre estiveron presentes a primeira tenente alcalde, Silvia Marín, e o concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias.
Ambos dous acompañaron a Manuel Taboada, representante por parte da Deputación
da Coruña, encargado de entregar a copa ós vencedores desta competición.
*